top of page

Ondas de Saúde é un proxecto promovido polo Club Náutico de Miño  que combina a dieta atlántica, os deportes náuticos e a concienciación ambiental para mellorar a saúde da veciñanza de Miño e promover un estilo de vida sostible, activo e local.

O proxecto aposta por unha visión integral da saúde e o benestar, baseada na combinación dunha alimentación equilibrada e a práctica regular de exercicio físico, dous piares fundamentais para a prevención de enfermidades e o mantemento dunha boa calidade de vida.

Ondas de saúde

18.jpg

Talleres de alimentación saudable

Descobre a cociña saudable na Casa do Pescador!

  • Adultos: xoves 19:00 h.

  • Nenos (6-10 anos): primeiros sábados do mes 11:30 h.

Receitas divertidas e nutritivas con produtos frescos, de tempada e do mar. Aprende técnicas fáciles, aproveitamento de alimentos e goza cociñando en familia!

Presentación do proxecto

P4.jpg

Actividades Agosto e Setembro

1

OBRADOIROS DE NUTRICIÓN SAUDABLE

Charlas e sesións prácticas para aprender a comer mellor:

  • Dieta atlántica e beneficios dos produtos do mar.

  • Lectura de etiquetas e planificación de menús equilibrados.

  • Compra responsable e redución do desperdicio alimentario.

  • Mitos sobre nutrición e uso de superalimentos galegos.

  • Alimentación consciente e saudable nos distintos espazos do Concello.

2

TALLERES DE COCIÑA SAUDABLE

Aprende a cociñar de forma práctica, creativa e responsable:

  • Primeiros pasos na cociña saudable: técnicas básicas, batch cooking e receitas exprés.

  • Cociña tradicional galega e innovación con produtos locais.

  • Conservación intelixente, aproveitamento de alimentos e menús de tempada.

3

ACTIVIDADES NÁUTICAS

Actividades divertidas para que os máis pequenos descubran o pracer de comer ben:

  • Mini chefs do mar e da horta.

  • Receitas saudables como nuggets de peixe, snacks vexetais e merendas naturais.

  • Xogos, contos e decoración de pratos para nenas e nenos.

OBXECTIVOS

🍴 Fomentar unha alimentación local e equilibrada

🚣‍♀️ Impulsar a actividade física náutica

🐟 Apoiar ao sector pesqueiro tradicional

♻️ Promover a concienciación ambiental
🏖 Reforzar a identidade do pobo e o turismo sostible

Este proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través do GALP Golfo Ártabro Norte, coa colaboración da Unión Europea e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

+34 610 173 542
(en horario de tarde)

 

Club Deportivo Náutico de Miño

Rúa Porto S/N, 15630, Miño

A Coruña

 

Nas nosas redes sociais amosamos a nosa actividade.

Anímate a seguirnos!!

  • Instagram
  • Facebook
bottom of page