top of page

CLUB DEPORTIVO NÁUTICO DE MIÑO





¿QUÉ FACEMOS NO CLUBE?
Deslízate sobre as nosas noticias e encontrarás onde estivemos traballando últimamente.


IV Copa de España Kayak Mar
O 29-30 de xuño a Nosa tripu participou en Denia na derradeira proba da Liga de Kayak de Mar sendo o terceiro clube galego mellor clasificado por detrás de @kayakvigo e @cabanas_kdm_oficial 🔵 Todos os nosos deportistas desprazados ata terras do Levante puntuaron más súas respectivas probas individuais e en SS2 Parabens!!!! *Actividade subvencionada pola Deputacion da Coruña. @depucoruna #kaiakdemar #piraguismo #piraguismogalego #piraguismoespañol #deputaciondacoruña #cdnmiño


III Copa de España de Kaiak de Mar – Alicante 🌊🚣♂️
Os días 24 e 25 de maio, o Club Náutico participou na III Copa de España de Kaiak de Mar, que tivo lugar na praia do Postiguet, en Alicante. As nosas e os nosos deportistas demostraron unha vez máis a súa entrega e paixón por este deporte, gozando dunha fin de semana chea de boas vibracións, retos e moito mar. Parabéns a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por representar o club con tanto orgullo! 💪💙 *Actividade subvencionada pola Deputacion da Coruña. @depuco


🏆 II Copa de España de Kaiak de Mar – Vigo 🌊🚣♀️
Os días 12 e 13 de abril, o Club Náutico estivo presente na II Copa de España de Kaiak de Mar, celebrada en Vigo, cunha destacada participación de persoas deportistas da nosa entidade. Foron dúas xornadas intensas nas que o esforzo, a entrega e o compañeirismo volveron ser protagonistas, deixando moi alto o nome do noso club. Noraboa a todas as persoas que competiron e representaron o club con tanta ilusión e dedicación! 💪💙 *Actividade subvencionada pola Deputacion da Coruñ


🏆 I Copa de España de Kaiak de Mar - Torrevieja 🏄♂️🌊
Os días 1 e 2 de marzo, varias persoas deportistas do Club Náutico participaron na I Copa de España de Kaiak de Mar, celebrada en Torrevieja. Foi unha fin de semana chea de esforzo, compañeirismo e paixón polo deporte, na que o noso club estivo representado con gran orgullo. Parabéns a todas as persoas participantes polo seu traballo e dedicación! 💪💙 *Actividade subvencionada pola Deputacion da Coruña. @depucoruna #piragüismo #piraguismogalego #kaiakdemar #deputaciondacoruñ
bottom of page