top of page

CLUB DEPORTIVO NÁUTICO DE MIÑO





¿QUÉ FACEMOS NO CLUBE?
Deslízate sobre as nosas noticias e encontrarás onde estivemos traballando últimamente.


III Copa de España de Kaiak de Mar — Vigo, 27 e 28 de xuño
O CDN Miño na III Copa de España de Kaiak de Mar! • 27-28 Xuño 2026. Dúas intensas xornadas de competición en Vigo, con condicións esixentes e boísimos resultados dos nosos padeexeiros. 👏 Parabéns a todo o equipo! Esta actividade contou co apoio e subvención da Deputación da Coruña. #KaiakDeMar #Piragüismo #CopaDeEspaña #deputaciondacoruña


Campionato de España de Inverno — Sevilla, 14 e 15 de marzo
O CDN Miño tamén estivo presente no Campionato de España de Inverno! Tres dos nosos palistas máis experimentados desprazáronse ata o CEAR La Cartuja (Sevilla) para competir no Campionato de España de Inverno, os días 14 e 15 de marzo. Unha nova oportunidade para demostrar o seu nivel, sumar experiencia e seguir levando o nome do CDN Miño ás competicións nacionais. Orgullosos de vós! 💙 Esta actividade contou co apoio e subvención da Deputación da Coruña. #Piragüismo #Campiona


4. II Copa de España de Kayak de Mar — Menorca, 25 e 26 de abril
Menorca, mar e grandes resultados! 🛶 Os días 25 e 26 de abril, os nosos palistas participaron na II Copa de España de Kayak de Mar, celebrada en Ciutadella de Menorca (Illes Balears). Unha competición de alto nivel na que o CDN Miño acadou uns fantásticos resultados: 🥈 SS1 Muller Infantil A - Sofía Iglesias Blanco 🥉 SS2 Home Senior - Juan Vázquez e Óscar Carrera 5️⃣ SS2 Mixto Jun - Julia Riveira e Martín Rodríguez. 7️⃣ SS2 Muller Cadete - Xiana Enríquez e María García 8️⃣


5. I Copa de España de Kaiac de Mar — Vilaboa, 28 e 29 de marzo
Os días 28 e 29 de marzo, participamos na I Copa de España de Kaiac de Mar, celebrada en Vilaboa (Pontevedra), no Porto de Santa Cristina de Cobres. Unha nova cita co piragüismo nacional, na que os nosos padeexeiros puideron medirse con deportistas de clubes de toda España, afrontar novos retos e seguir sumando experiencias. Seguimos medrando, padexando e levando o nome do noso clube por todas as augas! 💙 Esta actividade foi subvencionada pola Deputación da Coruña. #KayakDeM


CAMPIONATO DE ESPAÑA JÓVENES PROMESAS. SEVILLA 18 Y 19 DE ABRIL
Os días 18 e 19 de abril, catro das nosas palistas participaron no Campionato de España de Jóvenes Promesas, celebrado no CEAR La Cartuja (Sevilla). Unha fin de semana chea de deporte, convivencia, aprendizaxes e momentos inesquecibles. Unha experiencia marabillosa que lles permitiu medrar como deportistas e gozar do piragüismo ao máximo. Esta actividade foi subvencionada pola Deputación da Coruña. @depucoruna #Piragüismo #JóvenesPromesas #DeporteBase #deputaciondacoruña


🏞️ O pasado 14 de setembro, o Club Náutico de Miño participou no 57º Descenso Internacional do Río Sil, en O Barco de Valdeorras.
Unha das citas máis especiais do calendario, onde o deporte e a natureza se unen para ofrecer unha experiencia chea de emocións e sensacións únicas. 🌊💪 Unha xornada para gozar, competir e compartir o que máis nos apaixoa: o piragüismo. Parabéns a todas as persoas participantes por facer deste evento unha auténtica festa do deporte! 🛶💙 *Actividade subvencionada pola Deputacion da Coruña. @depucoruna #ClubNáuticoMiño #DescensoDoSil #Piragüismo #DeporteGalego #PasiónPorRemar


🏆 I Copa de España de Kaiak de Mar - Torrevieja 🏄♂️🌊
Os días 1 e 2 de marzo, varias persoas deportistas do Club Náutico participaron na I Copa de España de Kaiak de Mar, celebrada en Torrevieja. Foi unha fin de semana chea de esforzo, compañeirismo e paixón polo deporte, na que o noso club estivo representado con gran orgullo. Parabéns a todas as persoas participantes polo seu traballo e dedicación! 💪💙 *Actividade subvencionada pola Deputacion da Coruña. @depucoruna #piragüismo #piraguismogalego #kaiakdemar #deputaciondacoruñ
bottom of page