top of page

Piragüismo

Temos un equipo que compite en todas as categorías, dende prebenxamíns ata senior, tanto en homes como en mulleres.

Asistimos a probas de piragüísmo tanto en pista, como ríos e kaiak de mar, dende regatas amistosas, a provinciais, autonómicas ou nacionais. Ademais todos os anos organizamos unha regata de Miño.

Na actualidade temos 45 palistas no noso clube e todos os veráns realizamos cursos de iniciación ao piragüísmo para promover o exercicio no medio natural tan privilexiado que temos en Miño e así aumentar o número de padexeiros en Miño.

bottom of page